35 minutos bos do Cafés Candelas Ensino non foron suficiente

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Ensino

“La tensión de los últimos minutos nos privó de una victoria en un gran encuentro”

CULLEREDO 50 – ENSINO 45

Os últimos minutos de partido, nos que se lle escapou a vitoria ao Cafés Candeas Ensino, non empañan o resto dun gran encontro por parte do conxunto que dirixe Adrián González.
Tras uns primeiros minutos nos que ao Ensino custoulle asentarse na pista, tanto en defensa como en ataque, as lucenses empezaron a crecer como equipo e puideron maquillar o primeiro parcial, 18-13.
No segundo a defensa continuou dando pasos á fronte, roubou balóns cos que puideron correr e dominaron o rebote para darlle a volta ao marcador tras un segundo parcial de 8-14 para chegar ao descanso con 26-27.
Xa na segunda parte o compromiso continuou sendo moi bo, dominando o rebote defensivo e secando a Culleredo en ataque, 8-12 no terceiro cuarto, que deixaba a diferenza en máis 10 de cara aos últimos dez minutos. Nestes a tensión apoderouse das lucenses, que terminaron cedendo nos últimos cinco minutos ante un Culleredo máis acertado.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu