Gran broche final á temporada do Sarria júnior feminino

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

IAGO CASTRO – CB Sarria

“Ha sido un privilegio entrenar a este equipo. Las llevaré siempre conmigo”

CB SARRIA  43 – PIO XII 44

O María T. Martínez Dental CB Sarria despediuse da temporada xogando no Novo Chanto contra o recén ascendido Pío XII, un cartel inmellorable para poñer o broche á última fase da competición.
Os dous equipos quixeron competir o partido dende o primeiro minuto e ofreceron un gran espectáculo de baloncesto, gozando dos últimos corenta minutos da temporada.
O equipo dirixido por Iago Castro levou a iniciativa no marcador durante toda a primeira metade, grazas ao acerto no tiro exterior, e contrarrestando cun tremendo esforzo defensivo o potencial e superioridade física do conxunto compostelán. Así, ao descanso, as locais gañaban por dous puntos.
Na segunda parte o encontro reanudouse co mesmo ton, con alternancias no marcador. A mala sorte de cara a canastra, con tiros en boas situacións que se saíron de dentro do aro, propiciaron que o Sarria cedese pequenas vantaxes ás visitantes nos últimos minutos do terceiro cuarto.
O equipo compostelán estirou a diferenza ata os dez puntos no inicio do último período, pero as sarriás non se deixaron ir e seguiron pelexando polo partido co mesmo esforzo e traballo, sen dar ningún balón por perdido.
Grazas a iso conseguiron volver equilibrar o encontro. Unha bandexa sen oposición e dous tiros libres no último minuto, co marcador no 43-44, puideron darlles a vitoria as locais ante un equipo compostelán que é xa de Liga Galega júnior.
O conxunto de Iago Castro puxo fin a unha temporada en que impuxo o seu dominio na liga provincial, gañando os seis partidos disputados, e que conseguiu a clasificación para a fase de Ascenso con suficiencia na segunda fase da competición.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu