Subcampioas galegas tras disputar a final contra o Celta

En 1ª División, Alevín, Principal

GEMMA SOUTO – Estudiantes

” Solo puedo decir que estoy muy orgullosa de esta temporada. El partido ha sido increíble, estas niñas son capaces de lograr lo que se propongan. Llegar ahí y responder de la manera que han hecho es muy gratificante. Enhorabuena a todas las jugadoras, padres y entrenadores del club. Ha sido un año inolvidable.”

CELTA 62 – ESTUDIANTES 50

Estudiantes culminou co subcampionato galego unha temporada brillante na que alcanzaron a gran final sen perder ningún encontro. O equipo de Gemma plantouse nela tras vencer a Carmelitas, segundo do grupo Sur, por 75 a 62. As estudiantís fixeron o necesario para superar unha eliminatoria na que levaron a iniciativa no marcador, pero que tardaron en resolver máis do agardado.
O equipo lucense reservou a súa mellor versión para a final ante o RC Celta. Medianse as campioas dos grupos Norte e Sur, ata ese momento invictas, dous datos que anticipaban un partido parello. Estudiantes entrou no encontro coa garra e a forza que as caracterizou toda a temporada polo que, malia perder o primeiro parcial -11 a 6-, conseguiron chegar ben á canastra e impoñer a súa defensa. Así, no segundo período empezaron a recurtardistancias -5 a 10- e, no terceiro, puxéronse por diante, chegando ao descanso cun punto de vantaxe tras un parcial de 6 a 7.
Tras o paso polos vestiarios, as estudiantís seguiron respondendo sen titubeos ás canastras celestes, con parciais de 5 a 8 e 14 a 12 que lles permitían encarar o último sexto con dous puntos de renda. No entanto, as faltas acumuladas e o desacerto de cara a canastra ante un Celta moi enchufado nos últimos minutos afastáronas da vitoria.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu