En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Estuvimos muy tensas y nerviosas. No fuimos el equipo de siempre, ni en ataque ni en defensa. Así es el basket, espero que esta experiencia nos ayude a seguir creciendo con humildad, compromiso y con la sensación del trabajo bien hecho”

ESTUDIANTES 36 – ALLARIZ 61

Estudiantes quedouse ás portas do Campionato de España infantil feminino, ao que acudirá Allariz tras impoñerse nas semifinais da final four.
Todo o que podía saír mal no momento clave saíu mal, empezando pola lesión de Anxela no quencemento, que sacou do partido ás súas compañeiras, xa demasiado tensas antes de empezar.
Estudantes foi durante a tempada o mellor equipo da Liga defensivamente, pero ante Allariz as celestes fixeron augas, polo que tampouco estiveron cómodas en ataque ao non poder xogar e realizar o xogo alegre e vertical co que máis a gusto se atopan.
O primeiro parcial de 8-18 engadiu máis presión si cabe. En calquera outro momento e partido de tempada Estudiantes tería tempo dabondo para levantarse e ir polo partido. Con todo, neste encontro as de Julia Pena non atoparon o revulsivo que necesitaban.
No segundo cuarto houbo un atisbo, pero a efectividade de Allariz no tiro castigaba os intentos de remontada de Estudiantes, que terminou o encontro con tan só 36 puntos.
As celestes perderon, pero o potencial segue intacto e esta derrota as fará máis fortes de cara aos próximos encontros nos que teñan situacións similares que afrontar. A pesar da derrota, a tempada foi moi boa.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu